Contra a sida, rock and roll
Published by zasmania August 3rd, 2007 in Et al., En galegoHai outro virus máis perverso
unha infección aínda peor
o virus que entre na túa cabeza
e para o que non chega o condón
estouche falando de discriminación
dos infectados, dos portadores
contra ese virus insolidario
e contra a SIDA, rock and roll
hai que matar o bicho pero non o pracer
amarse de goma, amarse de goma
poñerlle condón á superstición
xa temos bastante coa infección
moitas e moitos caeron xa
pono, ponllo, faino xa
presérvate do virus e da inquisición
e se ó teu lado alguén é portador
usa a medicina da comprensión
o peor contaxio é o terror
o peor remedio é a represión
o que da gusto nunca debe volverse disgusto
as precaucións son claras
sexo seguro pero sexo
os grupos de risco non existen
o risco maior é a intolerancia
todos somos portadores
portadores de prevención
ponlle condón á superstición
ponlle condón á inquisición
ponlle condon ó novo aparheid
pero que non pare o rock and roll
(estatísticas)
que se enteire o mundo todo
[ Antón Reixa ]
No Responses to “Contra a sida, rock and roll”