xenreira que se forma nas tripas
Published by admin February 10th, 2007 in En galego, Minus Bálidoxenreira que se forma nas tripas
cando ves sangue e destrucción
ao redor, en todos os lugares.
crecendo con pedras nas mans
con metal nas mans
con metais non preciosos na cabeza
non comprendendo por que non hai paz
para a túa cabeza, para a túa familia
para a túa irmá e para os teus amigos.
morrendo amigos, morrendo familia
morrendo a infancia, morrendo as ilusións
ansiando a vinganza
(paradoxa)
forxándote un porvir como enemigo á
estrela mortuoria de goliat.
por que non vas a escola?
por que non tes casa?
ou se a tes
onde está o faiado?
non podes subir a el
só podes mastigar a terra que non che pertence
e a rabia que che provocan
chorar sangue e entranas.
non comprendes e odias, odias, odias.
o teu futuro pode ser a morte por unha bala
ou podes buscar ti mesmo a morte e a bala
desesperadamente por ansiar
sinxelamente
a razón do teu fogar
do teu sitio no mundo.
acaso é delicto ser nen@
e palestin@?
[Minus Bálido. Oremos, 2007]
No Responses to “xenreira que se forma nas tripas”