humanos dereitos temos

humanos dereitos temos.
temos dereito á pobreza
dereito ao traballo precario
dereito a carísimas vivendas
dereito a participar en guerras
a ser mal alimentados
inducidos pola droga publicitaria
temos dereito a pensar
mentres non se inventen chips
que nos sexan insertados para o control.
temos dereito a consumir
despilfarrar, drogarnos e ver a t.v.
para que outros engorden as cifras.
temos dereito a manter a boca pechada
temos dereito a ser positivos
globalmente positivos
a asentir, e decir amén.
temos dereito a ser multados
a ser encarcerados, mallados,
por se non decimos ese amén!
dereitos a formar parte dun país
dereito a ter unha bandeira
ou varias bandeiras
a ter un himno
ou varios himnos
dereito a divertirnos honradamente
dereitos temos humanos
a permanecer calados
por vivir en colmenas
a obviar a mala distribución
deste mundo desigual.
temos dereito á democracia
representativa de quen nos quere ben.
e tan só os humanos
temos un deber que algúns,
nin sequera tén
un deber sagrado, que temos que cumprir
ese é o deber de votar
para poder seguir disfrutando
dos nosos dereitos.

          inspiration: proudhon / the clash

[Minus Bálido. Oremos, 2007]


Leave a Reply