Non se chamaba Tony

Ahmed non se chamaba Tony,
e non vivía nunha casa moi feitiña
no medio de Londres
e tampouco vivía nun piso en Brooklyn.
Ahmed non se chamaba Tony
e por iso as canles de noticias
non nos metían na casa
os berros desesperados da súa nai.
Laila tampouco se chamaba Susan
e por iso non entrevistaron á súa mestra
nin ás compañeiras de pupitre
nin soubemos cómo se chamaba o seu can
nin qué quería ser cando fose maior.

Seica Ahmed e Laila
necesitaban algo chamado “democracia”
que consiste en quitarlle a cadeira a un cabrón tolo
e entregarlle despois 50 vidas ao día
a un deus con corpo de dargón
recheo de papeliños verdes untados en galipó.
Pero eles non o sabían, pobriños.
(Fóralles mellor a todos térense chamado Tony.)

[Casdeiro. 2005-11-07]

Creative Commons License

Texto reproducible según los términos de la licencia de Creative Commons


Leave a Reply