3 thoughts on “Confederación Ibérica (bocetos)

  1. Mi moi ben querido Casdeiro, todos os nacionalismos son inmutabeis, perante a todo os máis son os inventados, como a mesma Espanha isa dos Reis Católicos, o Cid e o mesmo Fraga, «aka» hoxe Rajoy.
    Os sos verdadeiros, son os vencellados á terra, á lingua e os ancestros. Coma minha Galiza, aínda que non lle chegue á miña outra terra de Arauco:
    Por eiqui, en terra Mapuche, fica de sempre máis nazón que por alí no fin da terra. Isto sí que é inmutabilidade,
    Por certo, moita «union jack» vexo nos teus debuxos. Cumpre guardar a bandeira de Lautaro e ollar ás estrelas, por riba de toudas Wunelfe.
    Apertons dende o cu do mundo

    • Bo, son deseños de hai algún tempo.

      E non, a Union Jack non foi referencia ningunha, polo menos consciente. A coicidencia xorde (na metade das variantes que eu propuña) do mesmo xeito que xorde nela: pola confluencia da cruz de Cristo e mais a de Santo André, presentes xa na ikurriña, e pola necesidade de meter elementos dunha maneira coherente graficamente. Agora seguramente faría doutro xeito. Foron só ideas verquidas nun papel e trasladadas aquí como referencia da miña serie de deseños de bandeiras. Agora que se volve falar de confederación, a bo seguro debido á forza do soberanismo catalán, lembreime delas…

      Grazas polo teu comentario, benquerido duende galaico-mapuche! 😀

      E falando diso: como é a bandeira de Lautaro? É esta?

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.